Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns
Apresentación dos
Comités de Solidariedade de Galiza.

Os Comités de Solidariedade de Galiza, COSAL acreditamos na importáncia de desenvolver mais e mais estreitos lazos coas xentes, organizacións e povos de todo o mundo que perseguen a transformación das suas sociedades para facé-las menos inxustas e mais humanas e igualitárias. Nese sentido buscamos a relación directa coas experiéncias e luitas dos povos para da-las a coñecer e organizar a solidariedade no país.

Tamén acreditamos na necesária e radical mudanza da orde internacional imperante no camiño dun intercámbio livre, igualitário e solidário entre os povos.

As nosas actividades:

  • Damos a voz as diferentes organizacións mediante a organización de charlas..
  • Organización de brigadas de traballo/solidariedade.
  • Campañas de denuncia urxentes.
  • Edicción da revista Outrasvoces
  • Exposicións de fotografias ou posters.
  • Participación en diversos comités ou encontros a nivel estatal ou internacional.
  • Recaudación e desenrolo de diversos proxectos de solidariedade.
  • Fomentar a difusión da outra realidade mediante artigos ou notas de prensa.

Onde nos podes atopar:

Santiago de Compostela:

Apartado núm. 170. 15780-Santiago de Compostela.

Teléfono: 981.548255.

Correo electrónico: cosal@cosal.org

Páxina Web: http://www.cosal.org/

Conta corriente: Caixa Galicia, 2091-0300-47-3040108003

Boletín de domicialición: versión PDF